Xoán xa está en Čačinci, en Croacia! Probou unhas albóndegas moi ricas, fixo novos amigos e aprendeu quen foi Antun Gustav Matoš. Enviounos tamén unhas preguntas, e xa as estamos investigando. Cal será a súa seguinte parada?
Como xa sabedes, a Curuxa partiu o ano pasado do cole de Tirán, en Moaña, rumbo a diferentes países de Europa. Despediuse do cole, do mar e de todos os nenos e nenas e prometou volver pronto con moitas historias para contarlles!
Coma parte do proxecto "Xoán discovers Europe" estivemos investigando sobre os escritores Lydia Koidula, Anton Gustav Matos e Odysseas Elytis. Traducimos algunhas das súas poesías ao galego e decidimos gravalas! Se queredes velas, só tedes que clicar AQUÍ.
Comentarios
Publicar un comentario