Curuxa deixou a illa de Rodas e xa está na súa última parada: Antalya, en Turquía. A semana que vén volverá a Vigo, cos recordos de todas as súas viaxes! Estamos desexando vela!
Coma parte do proxecto "Xoán discovers Europe" estivemos investigando sobre os escritores Lydia Koidula, Anton Gustav Matos e Odysseas Elytis. Traducimos algunhas das súas poesías ao galego e decidimos gravalas! Se queredes velas, só tedes que clicar AQUÍ.
Xa estou en Pastida, en Grecia! Cociñei unha rica brioche, fixen novos amigos e aprendín quen foi Odysseas Elytis. Envíovos dende aquí unhas preguntas, para que investiguedes…. Quen é Odysseas Elytis? Cales son as comidas típicas de Grecia? Como é a súa bandeira? Cales son os monumentos máis importantes? Good luck! Unha aperta moi grande, Xoán
Comentarios
Publicar un comentario